FACILITAMOS O ACCESO A TRATAMENTOS ESPECIALIZADOS DE REHABILITACIÓN
AMICO
SERVIZO DE REHABILITACIÓN XVI
O obxectivo é facilitar que as persoas con discapacidade participantes exerzan o dereito a servizos sociais especializados.
Ofrécese a oportunidade de participar en actividades e tratamentos de rehabilitación integral, a un custe máis económico, prestado por profesionais habilitados.
OBXECTIVO XERAL: Garantir o dereito a servizos sociais especializados, facilitando ás persoas con discapacidade e/ou en situación de dependencia o acceso a unha oferta continuada de rehabilitación integral.
“SERVIZO DE REHABILITACIÓN VXI” CONTRIBUCIÓN AO BENESTAR, PARTICIPACIÓN E INCLUSIÓN SOCIAL IDENTIFICANDO FACTORES INTERSECCIONAIS NAS OPORTUNIDADES
No Boletín Oficial da Provincia do día 8 de maio de 2026, foi publicada a resolución de concesión definitiva do programa FOAXE-P: Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de programas e servizos en materia de servizos sociais no ano 2026. AMICO ten concedida a subvención para desenvolver o programa no 2026, por importe de 8.471,12 euros, que corresponderá ao 50% do custe do programa.


OFERTA DE ACTIVIDADES
NO PROGRAMA DO ANO 2026
Eres protagonista á hora de elixir as actividades nas que participar.
Nas actividades que sexa preciso, incorpóranse servizos de acompañamento e asistencia persoal gratuítos. Abordaranse as necesidades particulares que manifesten as persoas participantes, configurando o maior nivel posible de eficacia, dentro das posibilidades da organización.
Sesións individuais en sala
Esixe concertar cita previa coa clínica/s contratada/s:
- Fisioterapia
- Terapia ocupacional
- Logopedia
Actividades grupais suxeitas á programación de datas e horarios segundo a demanda anual.
- Actualmente continuamos co pilates de máquinas adaptado, dirixido a persoas usuarias de cadeira de rodas.
- Si se forma un grupo mínimo de persoas, poderanse valorar otras actividades grupais. Trasládanos as túas propostas a través do correo electrónico info@amico.es.
Servizos de acompañamento e asistencia persoal con persoal que preste apoios cando sexa preciso durante o desenvolvemento das actividades.

REQUISITOS
DE ACCESO
Terán preferencia persoas asociadas e para iniciar será preciso contactar coa asociación e darse de alta no servizo.
Residir na provincia de A Coruña
Estar en posesión do certificado de grao de discapacidade
Aceptar as condicións de participación
Realizar a aportación económica prevista segundo tipo de actividade
APORTACIÓN
ECONÓMICA
Sesións individuais: 18€/sesión
Actividades grupais: 30€/mes
Valórase a capacidade económica persoal para facer fronte ás aportacións establecidas así como a concorrencia doutras axudas públicas que perciban (ex. Libranzas SAAD para a adquisición de servizos e/ou para coidados na contorna familiar, etc).
As persoas que se atopen en situación de vulnerabilidade económica que dificulte/impida o abono da aportación, poderán quedar exentas da mesma, previa solicitude e análise da situación.
Tratamentos prestados por profesionais
As actividades deste programa están concertadas con terceiros axentes especializados na atención a persoas con discapacidade, e/ou con autorización sanitaria e/ou con aqueles que contan co instrumental e instalacións axeitadas a cada actividade.
A Rede de establecementos concertados: Creada co fin de acercar o programa ás persoas, pero sempre con criterios de calidade, accesibilidade, contornas que contan con prazas de estacionamento reservado a persoas con mobilidade reducida, entre outras condicións.
Se xestionas un establecemento no ámbito da entidade e/ou das condicións do programa e queres colaborar con AMICO, contacta.
Tes interese en participar?Non dubides en contactar con AMICO
COLABORACIÓN
DIFUNDE O PROGRAMA
En AMICO sabemos que a coordinación é importante para conseguir unha boa xestión do programa, por tanto, animanos ás entidades sociais e profesionais públicos a difundir este programa para que chegue ás persoas que mais o precisan.



