Quen somos?

AMICO somos todas as persoas que un día apostamos por unirnos á entidade para alcanzar un obxectivo xeral e varios obxectivos específicos comúns.

AMICO

PUNTO DE ENCONTRO

Queremos ser o punto de referencia no que poder compartir, falar, escoitar, aprender e axudarnos mutuamente na consecución deses obxectivos.

Vinteoito anos despois da súa constitución AMICO afronta un proceso de cambio, coa intención de coñecer cales son aquelas necesidades non cubertas e nas que AMICO podería comezar a traballar, poñendo ao día e renovando o compromiso das persoas que a conforman cara o interese común.

Os resultados dunha entidade tamén se miden polo enfoque que se aplica e o valor que se transmite cara o exterior, por iso AMICO quere contar contigo como integrante dalgún dos seus grupos de interese. En cal te integras? Persoas asociadas, Persoas con discapacidade , Familias, Tercer Sector e Entidades afíns, Persoas voluntarias, Administracións e Institucións públicas, Provedores, Profesionais, Sociedade.

O interese común é avanzar nos dereitos das persoas con discapacidade, acompañarnos neste camiño de luces e sombras, que constitúe o horizonte ao que necesariamente ten que dedicarse o esforzo colectivo e individual da asociación.