FACILITAMOS O ACCESO A TRATAMENTOS ESPECIALIZADOS DE REHABILITACIÓN
A asociación AMICO da continuidade a un programa que se desenvolve dende 2011 e leva beneficiado a mais de 570 persoas con discapacidade.
Temos o convencemento de que facilitando o acceso a tratamentos e actividades especializadas de rehabilitación, contribúese a mellorar a calidade de vida das persoas, incrementar a súa autornomía persoal e participación social.
AMICO
SERVIZO DE REHABILITACIÓN XV
O obxectivo é facilitar que as persoas con discapacidade participantes exerzan o dereito a servizos sociais especializados.
Ofrécese a oportunidade de participar en actividades e tratamentos de rehabilitación integral, a un custe máis económico, prestado por profesionais habilitados.
O programa contribúe a que se desenvolvan proxectos vitais das persoas, se incrementen actividades dirixidas acordes ás necesidades particulares, favoreza a consecución de obxectivos de saúde, participación social, igualdade de oportunidades e loita contra a exclusión social, así como fomentar hábitos saudables e mellorar a calidade de vida.
O programa SERVIZO DE REHABILITACIÓN XV, amplía a súa extensión territorial para reforzar o seu carácter comarcal.
Foi presentado á convocatoria de subvencións da Deputación de A Coruña para mantemento de servizos sociais no marco da convocatoria FOAXE-P/ ED-3 Tratamentos de rehabilitación.
AMICO ten concedido pola Deputación de A Coruña para o desenvolvemento deste programa unha subvención por importe, segundo publicación no BOP do 08/05/2025 por importe de 8.771,93€ que corresponde a un 0,4900% do custe do proxecto xustificado.
A nivel de investimento complétase o programa coa solicitude da subvención no programa FOIE/2025- ED-9 Tratamentos de rehabilitación: Adquisición de aplicación informática e equipo para procesos de información nos programas de servizos sociais da entidade. Por resolución publicada no BOP do 09/05/2025 . AMICO ten concedido unha subvención para cubrir este investimento de 1.584,88€ que corresponde a un 0,8000 % do proxecto xustificado.

OFERTA DE ACTIVIDADES
NO PROGRAMA DO ANO 2025
Eres protagonista á hora de elixir as actividades nas que participar.
Nas actividades que sexa preciso, incorpóranse servizos de acompañamento e asistencia persoal gratuítos. Abordaranse as necesidades particulares que manifesten as persoas participantes, configurando o maior nivel posible de eficacia, dentro das posibilidades da organización.
Sesións individuais en sala
Esixe concertar cita previa coa clínica/s contratada/s:
- Fisioterapia
- Terapia ocupacional
- Logopedia
Actividades grupais suxeitas á programación de datas e horarios segundo a demanda anual.
- Actualmente continuamos co pilates de máquinas adaptado, dirixido a persoas usuarias de cadeira de rodas.
- Si se forma un grupo mínimo de persoas, poderanse valorar otras actividades grupais. Trasládanos as túas propostas a través do correo electrónico info@amico.es.
Servizos de acompañamento e asistencia persoal con persoal que preste apoios cando sexa preciso durante o desenvolvemento das actividades.
INVESTIMENTO ASOCIADO
FOIE/2025
O obxectivo é mellorar a calidade da organización e xestión da información vencellada a este programa, contribuíndo a implementación da capacidade dixital desta pequena asociación.
Importe subvención concedida: 1.584,88€
Coef.:0,80
Pto. Subvencionado : 1.981,10€
que se ha xustificar


REQUISITOS
DE ACCESO
Terán preferencia persoas asociadas e para iniciar será preciso contactar coa asociación e darse de alta no servizo.
Residir na provincia de A Coruña
Estar en posesión do certificado de grao de discapacidade
Aceptar as condicións de participación
Realizar a aportación económica prevista segundo tipo de actividade
APORTACIÓN
ECONÓMICA
Variable entre 10€/18€ por sesión individual.
Nas actividades grupais abónase 25€ mensuais.
Valórase a capacidade económica persoal para facer fronte ás aportacións establecidas así como a concorrencia doutras axudas públicas que perciban (ex. Libranzas SAAD para a adquisición de servizos e/ou para coidados na contorna familiar, etc).
As persoas que se atopen en situación de vulnerabilidade económica que dificulte/impida o abono da aportación, poderán quedar exentas da mesma, previa solicitude e análise da situación.
Nas mensualidades nas que non foi posible aplicar o desconto previsto, implicou modificación da achega:
- Sesións individuais: as persoas asumen o custe total de sesión facturada: 29 euros.
- O grupo de persoas participantes na actividade grupal: decidiu continuar a actividade de xeito independente. Continuaron actividade pero xa contratada directamente polas persoas sen mediación da asociación.
Tratamentos prestados por profesionais
As actividades deste programa están concertadas con terceiros axentes especializados na atención a persoas con discapacidade, e/ou con autorización sanitaria e/ou con aqueles que contan co instrumental e instalacións axeitadas a cada actividade.
No ano 2025 continuaremos coa rede de establecementos concertados para acercar o programa ás persoas, pero sempre con criterios de calidade, accesibilidade, contornas que contan con prazas de estacionamento reservado a persoas con mobilidade reducida, entre outras condicións.
Se xestionas un establecemento no ámbito da entidade e/ou das condicións do programa e queres colaborar con AMICO, contacta.
Tes interese en participar?Non dubides en contactar con AMICO
COLABORACIÓN
DIFUNDE O PROGRAMA
En AMICO sabemos que a coordinación é importante para conseguir unha boa xestión do programa, por tanto, animanos ás entidades sociais e profesionais públicos a difundir este programa para que chegue ás persoas que mais o precisan.




