amicoamicoamicoamico
  • INICIO
  • REHABILITACIÓN
    • FOAXE-P/2024
    • FOAXE-P/2023
    • FOAXE-P/2022
    • FOAXE-P/2021
    • FOAXE-P/2020
  • AMICO
    • Quen somos?
    • Que facemos?
    • Asóciate/Colabora
    • Transparencia
  • ACTUALIDADE
    • Actividades
    • Asociativas
    • Institucionais
    • Rehabilitación
  • CONTACTO
[zeno_font_resizer]

A Decrease font size. A Reset font size. A Increase font size.

AXUDAS PROGRAMA RESPIRO FAMILIAR

  • Inicio
  • Actualidade
  • Axudas
  • AXUDAS PROGRAMA RESPIRO FAMILIAR

AXUDAS PROGRAMA RESPIRO FAMILIAR

20 Abril 2024
Categorías
  • Axudas
Etiquetas

Información sobre as bases destas axudas do programa de Respiro familiar por si pode resultar de interese, xa que consisten en aportacións económicas para contribuír ao pago dos servizos de atención en cada modalidade.  Prazos de solicitude: dende o 20/04/2024 ata o 21/10/2024 Modalidades de axuda:1- Modalidade de respiro no fogar.2- Modalidade de respiro en centro de día.3- Modalidade de respiro en residencia.

Para que a persoa coidadora sexa beneficiaria da subvención é necesario que concorran os seguintes requisitos:

a) Que a persoa coidadora solicitante da subvención ou a persoa ou persoas que ela atenda sexan residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

a) Que a persoa que se atende se encontre nalgunha das seguintes situacións:

1º. Discapacidade física, psíquica ou mental con necesidade de axuda de terceiras persoas para as actividades da vida diaria, e ter recoñecida polo organismo competente unha discapacidade en grao igual ou superior ao 75 %.2º. Ter recoñecida a situación de dependencia polo organismo competente no grao II ou III.

3º. Que a persoa que se atende, no caso de non encontrarse nas situacións enumeradas nos ordinais anteriores, presente unha situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social.

ORDE do 12 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas económicas ás familias con persoas en situación de dependencia ou con discapacidade a través do programa Respiro familiar para persoas coidadoras e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento BS614B).

Máis información na web institucional: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS614B

Compartir

Publicacións relacionadas

30 Abril 2024

Becas MEC de APOIO EDUCATIVO : AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO DO CURSO 2024/25


Ler máis
5 Abril 2024

Resolución da subvención Programas de rehabilitación “SERVIZO DE REHABILITACIÓN XIV”


Ler máis
27 Marzo 2024

Convocatoria de axudas para a mellora da accesibilidade nas vivendas para 2024 pola Xunta de Galicia


Ler máis

Categorías

  • Actividades
  • Asociativas
  • Axudas
  • Institucionais
  • Rehabilitación
  • Xeral
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
  • Política de cookies