ASOCIACIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE DE COMPOSTELA E COMARCA, AMICO pon a disposición das persoas con discapacidade da provincia de A Coruña, un programa de actividades e tratamentos de rehabilitación.
Baixo o nome de SERVIZO DE REHABILITACIÓN X, damos continuidade a que persoas accedan a tratamentos que melloran a súa calidade de vida e achega actividades ás que non sempre teñen posibilidade de acudir por cuestións económicas, falta de especialistas, etc..
A través da convocatoria de axudas ás entidades para manter servizos sociais especializados (FOAXE-P/2020), AMICO solicitará apoio á Deputación de A Coruña, permitindo a incorporación de novas persoas participantes así como unha planificación acorde ás súas demandas e expectativas.
o programa presentado, permitindo reducir os custes que este tipo de actividades terían no mercado libre, de existir.
Porque hai actividades que non soen organizarse tendo en conta as necesidades das persoas con discapacidade.
Por este motivo, AMICO propón as seguintes:
SESIÓNS GRUPAIS DE ACTIVIDADES ACUÁTICO TERAPÉUTICAS
XORNADAS INFORMATIVAS PROMOCIÓN DA ACTIVIDADE FÍSICA NAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.
Contarase se é preciso con servizo de acompañamento e asistencia persoal nas actividades grupais.
Terán preferencia de acceso as persoas con discapacidade socias da entidade, e valorarase as posibilidades de cofinanciamento evitando que as persoas con menos recursos non poidan participar.
Se queres mais información, contacta coa entidade.