Grazas á colaboración entre AMICO e ACEM Santiago, as persoas socias poden acceder a sesións de psicoloxía e/ou nutrición con profesionais especializados, en Santiago de Compostela.

Grazas a esta colaboración, as persoas socias de AMICO poden acceder a estes servizos aínda que non presenten as patoloxías que habitualmente son atendidas por ACEM, beneficiándose igualmente da súa experiencia profesional.
Lugar de atención: ACEM Santiago, Rúa de Queixume dos Pinos, 4. 15705 Santiago de Compostela (A Coruña)
Servizos e custos orientativos:
Como iniciar o proceso:
AMICO non accederá nin xestionará datos persoais ou sanitarios derivados desta relación, máis alá dos datos básicos que xa constan na nosa base de datos como persoa socia.
Animámoste a contactar con ACEM Santiago se este recurso é do teu interese. Para calquera dúbida adicional, estamos á túa disposición.