Rehabilitación

TRATAMENTOS ESPECIALIZADOS DE REHABILITACIÓN

Mantemos o compromiso asumido de procurar unha fórmula para facilitar o acceso á tratamentos especializados de rehabilitación á persoas con discapacidade, porque sabemos que a discapacidade e/ou cronicidade conleva gastos engadidos para manter a calidade de vida e a autonomía persoal.

AMICO

SERVIZO DE REHABILITACIÓN XII

O obxectivo é ofrecer tratamentos especializados e actividades a un custe máis axustado a cada economía persoal, pero prestado por profesionais habilitados.

Incorporamos como novidade, actividades de logopedia, pilates adaptado, xunto coa terapia ocupacional e fisioterapia que xa levan anos incorporadas.

Ampliamos a rede de centros de rehabilitación concertada, contribuíndo a inclusión, á mellora da saúde, á abordaxe multidisciplinar, e a participación en actividades terapéuticas combinadas coas de tipo recreativo, de esparcimento e exercizo físico, accesibles, inclusivas e/ou adaptadas de ser preciso, para garantizar a igualdade de oportunidades e cos axustes e recursos de apoio precisos.

O programa SERVIZO DE REHABILITACIÓN XII foi presentado á convocatoria de subvencións da Deputación de A Coruña para mantemento de servizos sociais (FOAXE-P/ ED-3 Tratamentos de rehabilitación).

QUE ATOPARÁS

NESTE PROGRAMA do ano 2022?

Unha oferta variada.

Nas actividades que sexa preciso, incorpóranse servizos de acompañamento e asistencia persoal gratuíto, e avalíanse as necesidades particulares manifestadas polas persoas participantes.

Sesións individuais en sala. Esixe concertar cita previa coa clínica/s contratada/s.

  • Fisioterapia
  • Terapia ocupacional
  • Logopedia

Actividade grupal suxeita á programación de datas e horarios segundo a demanda anual.

  • Actividades grupais de ximnasia adaptada e/ou pilates e/ou exercizos terapéuticos a persoas con diversas patoloxías e/ou necesidades comúns en grupos reducidos.
  • Actualmente estamos a desenvolver un grupo dirixido a persoas usuarias de cadeira de rodas.
  • Servizos de acompañamento e asistencia persoal con persoal que preste apoios cando sexa preciso durante o desenvolvemento das actividades.

REQUISITOS

DE ACCESO

Terán preferencia persoas asociadas e para iniciar será preciso contactar coa asociación e darse de alta no servizo.

Residir na provincia de A Coruña
Estar en posesión do certificado de grao de discapacidade
Aceptar as condicións de participación
Realizar a aportación económica prevista segundo tipo de actividade

APORTACIÓN

ECONÓMICA

10€/18€/ 25€

Valórase a capacidade económica persoal para facer fronte ás aportacións establecidas así como a concorrencia doutras axudas públicas que perciban (ex. Libranzas SAAD para a adquisición de servizos e/ou para coidados na contorna familiar).

As persoas que se atopen en situación de vulnerabilidade económica que dificulte/impida o abono da aportación, poderán quedar exentas da mesma.

Tratamentos prestados por profesionais

 

As actividades deste programa están concertadas con terceiros axentes especializados na atención a persoas con discapacidade, e/ou con autorización sanitaria e/ou con aqueles que contan co instrumental e instalacións axeitadas a cada actividade.
No ano 2022 ampliamos á rede de establecementos concertados para acercar o programa ás persoas, pero sempre con criterios de calidade, accesibilidade, contornas que contan con prazas de estacionamento reservado a persoas con mobilidade reducida, entre outras condicións.

Se xestionas un establecemento e queres colaborar con AMICO, contacta.

CENTROS COLABORADORES
COGAMI

COGAMI
RUEPSS nº E0154

Logo_Vneunet

Centro de rehabilitación neurológica Néunet, nº RUEPSS es E-7079

LOGO GALICIAPILATES

GALICIA PILATES

Tes interese en participar?Non dubides en contactar con AMICO

Notas:  Mentras dure a situación de crise sanitaria provocada a raíz da pandemia Covid-19, será obrigatorio adoptar as medidas de protección e prevención determinadas pola entidade e centros colaboradores.