A Consellería de Política Social e Igualdade publicou a convocatoria de axudas económicas para 2026 destinadas a persoas con diagnóstico de esclerose lateral amiotrófica (ELA) ou calquera dos seus fenotipos.
Poderán acceder a estas axudas as persoas maiores de idade, empadroadas en Galicia cun mínimo de seis meses de antigüidade, diagnosticadas de ELA ou dalgún dos seus fenotipos e que teñan recoñecida (ou solicitada) a situación de dependencia.
A axuda pode cubrir ata o 100 % do custo das actuacións subvencionables, cun límite de 12.000 euros por persoa beneficiaria. Entre os gastos financiables inclúense:
As solicitudes tramítanse por orde de entrada ata esgotar o crédito dispoñible, sen que sexa necesario comparar unhas solicitudes con outras.
Como e cando solicitala
O prazo de presentación remata o 3 de novembro de 2026. As solicitudes preséntanse preferentemente por vía electrónica a través da sede da Xunta de Galicia (sede.xunta.gal), aínda que tamén se poden presentar de forma presencial. Os gastos deberán realizarse e pagarse entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2026, e a documentación xustificativa haberá que presentala antes do 4 de decembro.
Texto íntegro da convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260731/AnuncioG0762-210726-0001_gl.html