

Amico e a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras enfermidades neurodexenerativas susbcribiron o 8 de outubro un acordo de colaboración coa finalidade de facilitarlles ás persoas socias de Amico o acceso aos servizos de fisioterapia, logopedia, traballo social, dietética e nutrición, terapia ocupacional, psicoloxía e asesoramento xurídico prestados por ACEM. Ademais, esta colaboración tamén permitirá participar naqueles talleres nos que existan vacantes (terán preferencia as persoas socias de ACEM).
As persoas interesadas contactarán directamente con ACEM, onde se realizará, cando proceda, unha entrevista inicial ou actuación de valoración para informar sobre a natureza, condicións, dispoñibilidade, prezo e funcionamento do servizo, así como para determinar se a atención resulta adecuada. A decisión de solicitar, aceptar e continuar a atención será libre e directa entre a persoa interesada e ACEM.
Custos dos servizos:
* Estes importes están son os vixentes na data da sinatura. Con todo ACEM ten previsto incrementar, nun prazo aproximado de dous/tres meses, a cota por sesión/consulta en 5 euros.
A contratación, a prestación do servizo, a facturación e os pagamentos estableceranse exclusivamente entre ACEM e a persoa usuaria. As sesións teñen unha duración efectiva de 45 minutos (salvo a consulta de asesoramento xurídico, que non dispón dun tempo de atención efectiva establecido).
Datos de contacto: ACEM Santiago, Rúa Queixume dos Pinos, 4, 15705, Santiago de Compostela (A Coruña). Teléfonos: 981 575 240 – 620 533 471. Correo: acem.santiago@gmail.com