A Xunta de Galicia convoca axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, dentro do programa Respiro familiar para persoas coidadoras para o exercicio 2026.
Poderán ser beneficiarias aquelas persoas coidadoras habituais non profesionais que atendan de forma continuada unha ou máis persoas dependentes ou con discapacidade ou en situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante un informe médico e social.
Cada persoa atendida dá lugar a unha única axuda que pode ser compartida por dúas ou máis persoas coidadoras. Neste caso a axuda repartirase proporcionalmente ao gasto xustificado por cada unha das persoas coidadoras.
Requisitos:
Ademais, as persoas coidadoras, para seren beneficiarias da subvención, teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Prazo: do 12 de agosto ao 15 de outubro de 2026
Normativa: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260811/AnuncioG0762-040826-0001_gl.html
Solicitude na sede electrónica: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&langId=es_ES&codtram=BS614B
Anímate a ver se cumpres requisitos e valora a solicitude destas axudas. Canto antes o solicites máis oportunidades hai, antes de esgotarse os créditos dispoñibles para a financiación dos gastos xerados no ano 2026 dos servizos constituídos polas actuacións sinaladas no artigo 5, que se desenvolvan no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 21 de novembro de 2026