Un ano mais a asociación continúa a facilitar o acceso a tratamentos especializados e actividades participativas ás persoas con discapacidade da provincia grazas á subvención da Deputación de A Coruña baixo a convocatoria FOAXE-P/2024 para mantemento de servizos sociais.
Continúase así a actividade grupal de pilates de máquinas con apoio na que participan xa 6 persoas usuarias de cadeira de rodas que se xuntan os martes en horario de 16:30 a 18:00 horas en Santiago.
As sesións individuais de fisioterapia, terapia ocupacional e logopedia continuarán prestándose baixo cita previa nas clínicas Néunet en Conxo e Centro Soma en Milladoiro. Son xa habituais as persoas que acoden a este programa, mais inda hai posibilidades de darse de alta contactando previamente coa asociación por medios habituais.
A asociación AMICO establece unha serie de condicións para ser beneficiaria do programa na que como requisitos imprescindibles son ter acreditada a condición de persoa con discapacidade, residir nalgunha localidade da provincia de A Coruña, así como ser asociada á orrganización e contribuír co pago da colaboración económica prevista xa que só co apoio da Deputación de A Coruña non é posible manter a actividade.
Nos primeiros meses a entidade reailzará esforzos en dar difusión e a coñecer o programa ente as persoas e entidades colaboradoras.
Consulta o noso folleto informativo do programa.