O Concello de Santiago de Compostela convoca bolsas para sufragar gastos relacionados con medidas terapéuticas que apoien o desenvolvemento e o benestar persoal baixo dúas modalidades, compatibles entre si se se cumpren os requisitos de ambas:
| Modalidade A: tratamentos terapéutico | Modalidade B: enfermidade celíaca |
| Axudas para financiar tratamentos privados polas dificultades e/ou trastornos da aprendizaxe ou de adaptación ao contorno que non se reciban no servizo público ou que, recibíndoos, sexan insuficientes ou deban ser reforzados. Que cubre? Trastornos da aprendizaxe, da linguaxe, de conduta, estimulación temperá, altas capacidades intelectuais e terapia ocupacional. Contía: cubre o 90% do gasto total realizado, cun máximo de 1.200 euros ao ano. | Axudas para paliar o sobrecusto económico que supón manter unha dieta sen glute. Contía: un importe fixo de 1.200 euros ao ano por beneficiario. Exclusións: quedan fóra a sensibilidade ao trigo ou gluten non celíaca, a alerxia ao gluten ou ao trigo e outras patoloxías diferentes da enfermidade celíaca. |
Requisitos das persoas beneficiarias:
Requisitos específicos da modalidad A: acreditar, a través do informe dun profesional colexiado, a necesidade de tratamento periódico administrado nun centro especializado para algunha das patoloxías ou situacións mencionadas.
Requisitos específicos da modalidade B: ter diagnosticada a enfermidade celíaca na data de presentación da solicitude e acreditalo debidamente.
Prazo e forma de presentación: