AMICO celebrará o próximo 28 de maio a súa asemblea xeral ordinaria, coa finalidade de aprobar a acta da última asemblea ordinaria, celebrada o 6 de xuño de 2025, así como presentar o informe económico e a memoria de actividades correspondentes ao exercicio 2025. Tamén se abordarán o orzamento e as liñas de traballo para o ano 2026, a actualización do censo de persoas socias e un espazo para informacións varias e rogos e preguntas.
Ao remate da asemblea ordinaria, e sen interrupción, terá lugar a asemblea xeral extraordinaria, convocada para a renovación da xunta directiva. Nela presentaranse as candidaturas recibidas —que poderán entregarse ata o propio día da asemblea, antes do seu inicio—, procederase á votación e proclamarase a candidatura elixida, que asumirá os cargos directivos para os próximos catro anos.
Para facilitar a participación, a asemblea celebrarase de forma presencial nas instalacións de COGAMI, na dirección postal da sede social (local Sala Xuntas) na rúa Modesto Brocos 7 baixos, 15704 Santiago de Compostela e tamén en liña. Agradéceselle aos socios que confirmen a asistencia indicando a modalidade.