Un total de 29 persoas participaron no programa SERVIZO DE REHABILITACIÓN XII que conta co apoio da Deputación de A Coruña no marco da convocatoria FOAXE-P/2022.
Un total de 29 persoas con discapacidade, 15 mulleres e 14 homes, usuarias da Asociación de Persoas con Discapacidade de Santiago de Compostela (AMICO) beneficiáronse do programa Servizo de Rehabilitación XII que se desenvolve na capital galega. De todas estas persoas participantes, procedentes de Ames, Rianxo, Santiago e Rois, cinco son menores, poñendo de manifesto que as necesidades de rehabilitación integral xa se precisan dende idades temperás.
Este programa, que desenvolve esta entidade membro de COGAMI, ten como obxectivo facilitar o acceso a tratamentos regulares de fisioterapia, terapia ocupacional e logopedia, ademais de organizar unha actividade grupal de pilates adaptado e exercicio de mantemento para persoas usuarias de cadeira de rodas.
Conta co apoio da Deputación de A Coruña a través da convocatoria de axudas á mantemento de servizos sociais mediante procedemento FOAXE-P e o resto do custo cóbrese con aportacións das persoas participantes, o que lles supón un menor desembolso económico.
Concedeuse por parte da Deputación de A Coruña un total de 8.072 euros. Corresponde a un 40% do custe do programa. O custo total de gastos xustificados alcanzou 20.023,54 euros.
Dende AMICO agardan poder continuar durante este ano con este programa que, tras contar cunha traxectoria de doce anos, segue a ser o máis demandado por parte das persoas asociadas á entidade, sendo a maior parte de participantes persoas con mobilidade reducida usuarias en cadeira de rodas.