O próximo 4 de xuño de 2026 no Edificio CINC da Cidade da Cultura, Álvaro García, Responsable de Accesibilidade e Mobilidade de COGAMI e tesoureiro de AMICO, participará na Mesa Redonda “Mobilidade, cidade e turismo“, enmarcada na Xornada Moverse en Galicia, organizada pola Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL). A súa intervención tratará de poñer de manifesto as problemáticas que as persoas con discapacidade temos cos taxis e cos VTC e en particular as persoas con mobilidade reducida.
Esta xornada cobra especial relevancia nun momento no que o Concello de Santiago de Compostela está a traballar na regulación dos servizos de VTC e taxi na cidade, decisións que afectan directamente á vida cotiá das persoas con discapacidade e á súa autonomía persoal. Por iso, desde AMICO animamos ás persoas con discapacidade e ás súas familias a participar e facer escoitar a súa voz nestes espazos de debate.
Formulario de inscrición AQUÍ.
Podes consultar o programa da xornada nesta ligazón.